As escuras torres de Santiago

As escuras torres de Santiago

Richard Ford foi un viaxeiro inglés que residiu tres anos en España, fundamentalmente en Sevilla e Granada, e que en 1832 visitou Galiza. Nas súas viaxes, ademais de tomar notas coas que publicou, en 1845 o libro Manual para viaxeiros por España e leitores na casa, plasmaba as súas impresións en debuxos a lapis, a tinta ou acuarelas.

Polo Reino de Galiza describe once rutas diferentes nas que combina a descrición de paisaxes con aspectos de carácter histórico e valoracións persoais que, unhas veces, fican nas lindes do tópico e outras aportan unha boa percepción da realidade, como cando di que o galego é un pobo empobrecido, non pobre, obrigado a emigrar para poder subsistir.

Captura de pantalla (52)

Esa mesma perspectiva é a que mantén en relación ao fenómeno xacobeo. Segundo Ford, a descuberta do corpo do apóstolo, as peregrinaxes e a mesma construción da Catedral, só se poden explicar como unha estratexia política destinada a afirmar o poder dos “gobernantes medievais”

Pasaron 187 anos desde que Ford visitou Galiza e escoitou as campás de Compostela, a onde chegou, procedente de Lugo, pola ruta de Sobrado. Desde San Marcos viu “as escuras torres graníticas de Santiago”

As da catedral son hoxe menos escuras, mais invernos virán que escuras as tornarán. Escura segue sendo a percepción que da Galiza teñen aínda algunhas forzas sociais, económicas ou políticas, de dentro e fóra do país.

 

Nota: a ilustración é un debuxo de Richard Ford.