O ESPLENDOR DA GALIZA MEDIEVAL

'Estudos sobre o Foro de Pontevedra’ conmemora 850 anos dun documento medieval fulcral para a Galiza

'Estudos sobre o Foro de Pontevedra’ conmemora 850 anos dun documento medieval fulcral para a Galiza
Foro de Pontevedra
Foro de Pontevedra  

Fanse 850 anos do Foro de Pontevedra, un documento medieval do ano 1169 que recoñece a vila do Lérez coma tal e que foi de fulcral relevancia para o seu desenvolvemento e florecemento.


En 1169 a vila medieval de Pontevedra recibe dos reis da Galiza o seu Foro, símbolo do esplendor que a cidade do Lérez e o país lograran na época.

Portada estudos sobre o foroFanse 850 anos deste fito histórico, e para recuperar e difundir a historia o concello de Pontevedra vén de apresentar a publicación “Estudos sobre o Foro de Pontevedra (1169)” nun acto coa presenza da concelleira de Cultura, Carme Fouces, e o autor e coordinador da obra, Xosé Abilleira. Outras persoas que tamén colaboraron neste estudo son Alberte Lago Villaverde, Anselmo López Carreira, Francisco Calo Lourido, Ana Acuña, Mercedes López Mayán, Francisco Rodríguez Sánchez, Cilia Torna, Silvia Cernadas Martínez, Miguel García Fernández, Marina Aurora Garzón Fernández, Ricardo Pichel Gotérrez.

O Foro significa o esplendor e a normalidade política a todos os niveis que tiña Pontevedra cando nace na Idade Media

Xosé Abilleira sinala para Sermos Galiza  os principais obxectivos desta publicación, que radican en dar a coñecer o Foro desde distintas perspectivas e relacionándoo coa historia de Pontevedra e do país, sen vocación localista, cunha perspectiva nacional e encadrándoo na historia da Galiza. En segundo lugar, o obxectivo foi revisar o que se coñecía do Foro, facendo un novo estudo, xa que o anterior data de 1942 e desde entón non se volveu cuestionar ese estudo. Fíxose desta vez, pois, unha nova lectura a partir do Foro que se garda no Museo Provincial de Pontevedra.

O Foro significa o esplendor e a normalidade política a todos os niveis que tiña Pontevedra cando nace na Idade Media. Este documento parte do rei galego Fernando II e a raíña Urraca no período de máximo esplendor medieval en que Galiza tiña centralidade non só a nivel peninsular, senón tamén a nivel europeo.

Este documento parte do rei galego Fernando II e a raíña Urraca no período de máximo esplendor medieval en que Galiza tiña centralidade

Abilleira tamén matiza que o Foro orixinal perdeuse para sempre e o que se conserva no museo de Pontevedra, sobre o que traballaron para o estudo, é a confirmación que un século após fai o rei Afonso o Sabio do Foro. É un documento máis amplo que o orixinal e recolle tamén o contido do extraviado.