Europeos no Tíbet

Europeos no Tíbet
Jahangir, líder mongol que se encontrou con Andrade en 1624
Jahangir, líder mongol que se encontrou con Andrade en 1624  

Até comezos do século XVII os europeos non tiveron aceso ao Tíbet. Foron misionarios portugueses os que chegaran por vez primeira a aquelas terras, partindo da misión de Goa.

Antonio de Monserrat, catalán de orixe mais formado cos xesuítas en Portugal, tería sido o primeiro europeo en andar por aquelas alturas por volta de 1574 mais como das súas andanzas non tivemos noticia até comezos do século XX soe atribuirse a Antonio de Andrade, outro xesuíta, o primeiro contacto coa terra dos Lamas. Foi en 1624 e segundo el propio nos relata, foron bastante ben recibidos polos tibetanos, que mesmo lles permitiron construír unha igrexa.

Até ese momento as informacións que o mundo occidental tiña do tibetano eran máis ben poucas

novo descobrimentoAté ese momento as informacións que o mundo occidental tiña do tibetano eran máis ben poucas. É verdade que, tal como nos conta Guillaume de Rubrouck houbera, en 1253-1254, encontros accidentais entre lamas e membros da igrexa romana, mais nunca ningún viaxante procedente da Europa tiña atravesado os colos dos montes Himalaias e o teito do mundo, un dos derradeiros espazos a conquistar polos adaís da fe cristiá.

A estadía destes xesuítas durou até 1635. Andrade morreu un ano antes, en 19 de marzo. Segundo se soubo máis tarde envenenado polos seus propios compañeiros, xunto con el fundadores da primeira misión xesuítica no Tíbet, e que non  gostaban da rigorosa aplicación das regras da Compañía por parte de Andrade.