Ex presos políticos no franquismo piden que se retire a Fraga o título de fillo adoptivo da Coruña

Ex presos políticos no franquismo piden que se retire a Fraga o título de fillo adoptivo da Coruña

O manifesto está apoiado, entre outros, por Rafael Pillado, Francisco Rodríguez, Méndez Ferrín, Peña Rey ou Elvira Souto.


Unha trintena de ex presos políticos galegos durante a ditadura franquista promoven promoven un manifesto para que se retire a Manuel Fraga Iribarne a distinción honorífica de Fillo Adoptivo do Concello da Coruña.  Este título foi concedido pola corporación municipal coruñesa o 24 de decembro de 1968, en plena ditadura. 

“Despois de 50 anos, como persoas que sufrimos a represión franquista, queremos difundir unha biografía silenciadas de Fraga porque despois de 43 anos da morte do ditador Franco, asistimos a unha ofensiva das forzas da dereita e de ultradereita, todas con raíces franquistas, que poñen en perigo a democracia e as conquistas sociais”, indican.

Entre as persosas asinantes deste manifesto están Manuel Lourenzo, Rafael Pillado, Elvira Souto, Xosé Luis Méndez Ferrín, Celsa Díaz Cabanela, Francisco Rodríguez Sánchez, Manuel Peña Rey, Sary Alabau... Manuel Monge, un dos promotores, afirma que ”consideramos que como servidor do franquismo -así foi recoñecido polo propio Fraga-  e como ministro dunha ditadura criminal, Manuel Fraga non merece recoñecemento social, nin a distinción de Fillo adoptivo”.