Falece Mariví Villaverde, alma e memoria do exilio galego

Falece Mariví Villaverde, alma e memoria do exilio galego
Imaxe: AELG
Imaxe: AELG  

Morreu aos 95 anos de idade. A familia quer que descanse no cemiterio de Adina, canda o seu compañeiro, Ramón de Valenzuela.


Mariví Vilaverde faleceu este domingo, 23 de abril, na residencia de maiores de Ribadumia aos 95 anos de idade. Déixanos unha muller comprometida e unha figura destacada polo seu compromiso coa recuperación da memoria historia. Naceu en Vilagarcía de Arousa en 1922, filla de Elpidio Villaverde, alcalde da capital arousá e deputado do Frente Popular.

Moi nova coñece xa o que é o exilio, ao ter que marchar ao exilio en 1936 cara a Francia. Aí coñeceu ao que sería o seu marido, Ramón de Valenzuela. En 1939, Mariví e a súa familia embarcaron para Bos Aires, nunha nova etapa do exilio. Reencontrouse con Ramón de Venezuela en 1945. Pensaban vivir en Galiza mais non foi posíbel. Na capital arxentina traballou no Teatro Galego da Federación e dirixiu con Arturo Cuadrado o xornal "Galicia".

Escritora, tradutora e xornalista, tamén foi actriz e impulsora do teatro, para alén dunha abnegada activista pola recuperación e dignificación da memoria do exilio. Aí é chave a obra Tres tiempos y la esperanza, que editou con tapa de Luís Seoane, a Federación de Sociedades Gallegas no ano 1962.

A familia vai realizar un funeral en xuño para que os restos de Mariví descansen cos do seu compañeiro, Ramón de Valenzuela. 



x