Familiares de Bóveda, Caamaño e Paz Carbajal asinan a querela arxentina contra o franquismo

Familiares de Bóveda, Caamaño e Paz Carbajal asinan a querela arxentina contra o franquismo
Familiares de Bóveda, Caamaño e Paz, coa deputada María Ortega, no acto de adhesión á querela arxentina.
Familiares de Bóveda, Caamaño e Paz, coa deputada María Ortega, no acto de adhesión á querela arxentina.  
Familiares do ilustre galeguista Alexandre Bóveda, do ex presidente da Deputación de Pontevedra Amancio Caamaño, e do impresor e político pontevedrés Ramiro Paz Carbajal adheríronse este sábado á querela arxentina contra os crimes do franquismo.

As familiares de Bóveda, Caamaño e Paz, asasinados os tres polos golpistas franquistas, subscribiron o seu compromiso este sábado, nun acto institucional celebrado no Pazo Provincial de Pontevedra no marco dunhas xornadas sobre memoria histórica organizadas pola Deputación provincial.

Con esta rúbrica, referendan a denuncia interposta ante un xulgado penal do país suramericano polos delitos de xenocidio e crimes de lesa humanidade cometidos no Estado español pola ditadura franquista entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977.

Intervención das familias

O neto de Alexandre Bóveda, Valentín García Bóveda, explicou que a súa familia tomou a decisión de presentar a querela ao ver que a Deputación se poñía á fronte da loita contra a impunidade e afondou na falta de políticas de memoria. Este sábado, dixo, é o Día do Patrimonio Cultural e “a memoria colectiva é un patrimonio cultural”.

A memoria colectiva e a memoria da identidade dun pobo son patrimonio cultural.

“Moitas das fendas que temos hoxe na memoria son porque bebemos dun patrimonio cultural falseado”, sinala memoria colectiva e a memoria da identidade dun pobo son patrimonio cultural.ou, para engadir que

Pola súa banda, Begoña Caamaño, neta do expresidente da Deputación, reivindicou a anulación das sentenzas por traizón á patria “dunhas persoas cuxo único delito consistiu en manterse fieis á legalidade e opoñerse a un levantamento militar contra un Goberno elixido nas eleccións democráticas”.

Sen verdade xudicial non existirá xamais reparación efectiva para as persoas que sufriron graves violacións de dereitos humanos.

A familia de Paz Carbajal preferiu non intervir en público pero asinou o escrito de adhesión á querela no que se pode ler: “sen verdade xudicial non existirá xamais reparación efectiva para as persoas que sufriron graves violacións de dereitos humanos durante a guerra provocada polos sublevados fascistas nin durante a posterior ditadura franquista”.

Vítimas do franquismo

Na súa intervención, a deputada de Memoria Histórica María Ortega sinalou que as reclamacións xudiciais son fundamental para a reparación e para a restitución da dignidade, e lembrou que aínda hoxe seguen vixentes sentenzas firmes nas que as persoas asasinadas constan como traidoras á patria nos xuízos sumarísimos e consellos de guerra que aplicaron os golpistas.

memoria SINATURASActualmente hai máis de 600 querelas presentadas e en diferentes fases xudiciais que implican a máis de 9.000 persoas vítimas do franquismo.

Na Galiza estímanse que entre os xuízos sumarísimos e as persoas paseadas poderían estar afectadas máis de 5.000 familias de vítimas.

Asasinados

Alexandre Bóveda foi fusilado o 17 de agosto de 1936 na estrada de Campañó, na Caeira (Pontevedra) e por ese motivo celébrase nesa data o Día da Galiza Mártir.

Amancio Caamaño foi fusilado o 12 de novembro de 1936 na Caeira xunto a outros nove destacados republicanos por liderar a defensa do Goberno Civil de Pontevedra fronte ao golpe de Estado das tropas franquistas contra o Goberno democrático da II República.

Ramiro Paz foi fusilado canda Camaño. Tiña 45 anos. Fora presidente da agrupación socialista e concelleiro.