A Festa da patroa de Tabeirón

A Festa da patroa de Tabeirón
Henrique Labarta Pose
Henrique Labarta Pose  

No mes de agosto de 1903 é premiado, nos Xogos Florais do Círculo Católico de Obreiros de Pontevedra,  o longo poema de Henrique Labarta Pose titulado "A festa da patrona de Tabeirón", poema que para os profesores Ricardo Carvalho Calero e Francisco Fernández del Riego é a súa mellor obra. 


A leitura do poema en eventos e veladas literarios comezou a ser frecuente desde que, en xullo de 1917, formou parte do repertorio da presentación en público de Cántigas da Terra. Nese acto anúnciase como “monólogo” mais, na realidade A festa da patrona de Tabeirón non é un monólogo. É un poema narrativo, e como poema figura no certame dos Xogos Florais, mais a prensa mencionouno sempre como monólogo e así se chamou durante máis de 10 anos

 

Screen Shot 2018-06-08 at 12.13.35

A primeira das representacións, de que teñamos constancia, deste monólogo foi en Compostela, en xaneiro de 1917, a cargo do seminarista Xosé Portela Areal, anos despois, e durante moitos, cura párroco de Cela, en Bueu. Xa en 1920 foi recitado de novo o monólogo na velada a favor de “la Buena Prensa” e en 1922  o recitador foi Xosé Sardiña, estudante de Dereito Canónico e anos máis tarde fundador do Fogar de Santa Margarida, chamado así por se ubicar aos pés do monte coruñés que leva tal nome. Durante varios anos máis o recitado deste poema foi habitual en festas relixiosas e actos académicos por toda Galiza.


Simpático festival de rexionalismo


En xaneiro de 1917, case en coincidencia co recitado en Compostela do texto de Labarta, a prensa dá noticia da constitución, na Coruña, de Cántigas da Terra que debuta, o 12 de xullo dese ano, ante o público no Teatro Rosalía da Coruña cun decorado do “notable e respetado escenógrafo” José Souza que fixo unha obra “con moito carácter galego”. Compoñían Cántigas da Terra un coro de trinta mozos. Da dirección encargábase Mauricio Farto, da dirección artística Leandro Carré e da presidencia Eladio Rodríguez


Na estrea cantouse “música popular exclusivamente da terra” ademais de se recitar A festa de Tabeirón e representar un diálogo “dun aplaudido autor local”. A función foi un éxito a pesar de que neste diálogo en galego se deu “unha nota desagradábel e inoportuna con frases de mal gusto que feren o clero rural con despiadada e malévola intención”. 

 

Screen Shot 2018-06-08 at 12.03.06

O  acto repetiuse unha semana despois co mesmo programa e Cántigas da Terra axiña se converteu nun coro mixto. As Irmandades tiveron sempre presente a necesidade de crear agrupacións onde as corais e o teatro servisen de instrumento para achegar a todo o público a lingua e a cultura. Con ese espírito nace Cántigas da Terra que rapidamente desbordou o Teatro Rosalía.

 

El ideal Gallego noticiou aquel acto denominándoo “simpatico festival de regionalismo”.

 



x