Galiza nun mapa provenzal do século XII

Galiza nun mapa provenzal do século XII

É un dos poucos exemplos coñecidos da cartografía provenzal e responde a unha estrutura TO, un modelo que sitúa a teoloxía no centro. O mapa non deixa dúbidas de que naquela altura Gallicia e Hyspania servían para denominar realidades diferentes e non se refire a ningún reino en Europa como León ou Castela. Todo sobre este asunto no Sermos312.


O mapa Provenzal é unha carta de autor descoñecido elaborada no século XII que responde a unha estrutura TO, modelo cartográfico existente na Idade Media caracterizado pola súa preocupación teolóxica. Reciben este nome porque o “o” representa o mundo en forma circular, a forma xeométrica perfecta, rodeada polo océano, mentres o “t” refire a articulación do espazo interior ao tempo que presenta a cruz, en tanto símbolo da cristiandade. Os mapamundi que seguen este esquema deixan nun segundo plano a precisión xeográfica, presentando formas esquemáticas e destacando a súa función teolóxica. Nesta liña cada continente aparece asociado aos fillos de Noé, ligando Sema a Asia, Jafet a Europa e Cam a África, situando as terras de Palestina e Xerusalén no centro, como lugar sagrado da cristiandade e as terras natais de Cristo.

 

5 (2)

O mapa recibe este nome por ser elaborado na área da Provenza, atopándose actualmente na Biblioteca Mejanes situada na cidade de Aix, capital histórica da Narbona, hoxe incorporada á area metropolitana de Marsella.

 

A Biblioteca Mejanes, situada na Cidade do Libro de Aix, foi fundada en 1810, a partir dun fondo doado polo seu fundador Jean Marie de Piquet, marqués de Mejanes, en 1786, facendo parte do mesmo na altura máis de 80.000 volumes. O marqués de Mejanes, recoñecido no seu tempo como un importante bibliófilo, dedicou boa parte da súa vida a comprar fondos en diversas partes de Europa.

 

[A información completa sobre este asunto tela no Sermos312, disponíbel na nosa loxa e nos puntos de venda habituais]
 



x