O PSOE propón suprimir o Ducado de Franco e unha trintena de títulos nobiliarios ligados ao franquismo

O PSOE propón suprimir o Ducado de Franco e unha trintena de títulos nobiliarios ligados ao franquismo

O Ducado de Franco posúeo actualmente Carmen Martínez-Bordiú, neta do ditador. O PSOE rexistrou¡no Congreso unha proposición de lei de Memoria Histórica e Democrática que prevé a creación dun catálogo de títulos vinculados ao franquismo para "suprimilos".


Carmen Martínez-Bordiú, neta maior de Francisco Franco, é oficialmente desde o pasado mes de xullo duquesa de Franco con Grandeza de España. Un título creado polo rei Juan Carlos I para Carmen Polo, viúva do ditador, en novembro de 1975, poucos días despois do falecemento de Franco. Un título que, ao igual que outra trintena, pode ter data de caducidade.

Segundo informa La Razón, o PSOE rexistrou recentemente no Congreso unha proposición de lei de Memoria Histórica e Democrática que prevé a creación dun catálogo de títulos vinculados ao franquismo. No artigo 5 de dita proposta, indican que nesa listaxe figurarán aqueles “concedidos entre 1948 e 1977, así como de concesión posterior, que representen a exaltación da ditadura e procederase á súa supresión”.

O xornal madrileño indica que isto afectaría unha trintena de títulos nobiliarios vixentes, desde o de condesa de Jarama a conde de Alcázar de Toledo ou duque de Calvo Sotelo.

Hai ano e medio ERC presentou no Congreso unha proposta similar que daquela fora rexeitada polo PSOE. 

Nas Galiza, o BNG pediu en xuño que se retire á familia Franco os títulos nobiliarios de Señoría de Meirás e Ducado de Franco