EN MONDOÑEDO E LOURENZA O 22 DE XUÑO

O guerrilleiro Quico, poesía e unha mesa de historiadores, na homenaxe ao Gardarríos

O guerrilleiro Quico, poesía e unha mesa de historiadores, na homenaxe ao Gardarríos

Un dos últimos membros vivos da guerrilla antifranquista, Francisco Martínez, Quico, estará este sábado 22 de xuño en Lourenzá para honrar a memoria do Gardarríos e Antonia Díaz, asasinados polo franquismo en 1948. Será apenas un dos ingredientes do programa de actos da “homenaxe popular” organizada na Mariña para lembrar “a loita antifascista”.


Ás doce da mañá na Casa da Xuventude de Mondoñezo comezará a xornada coa mesma redonda Luís Trigo, ferreiro dun mundo mellor. O cronista oficial da vila Antonio Reigosa, o investigador na guerrilla da Mariña Carlos Nuevo, a profesora da Universidade de Santiago Ana Cabana, o especialista na resistencia armada ao franquismo Ramón García Trigo e a neta do Gardarríos Fernanda Cedrón Trigo.

Ás cinco e media da tarde, depois do xantar de convivio para o que cumpría anotarse e que xa esgotou as prazas, será a quenda de Quico, de Xosé Luís Fernández Rivera en representación dos organizadores, e, de novo, de Fernanda Cedrón. Falarán ao pé do monolito que lembra os asasinados no cemiterio de Vilanova de Lourenzá.

Os actos finalizarán cun concorrido recital poético música en que participarán Marica Campo, Martiño Maseda, Adolfina Mesa, Manuel Regal Ledo, Luís Ferreiro, Margarita Bermúdez, Xosé Leivas, David Otero, Mero Iglesias, Pepe de Noriega, Xosé Fernández Abella, Miguel Medallas e Miro Casabella. Será no cemiterio ou, en caso de choiva, no salón de actos do Concello.