DEVOLUCIÓN DO PAZO

O historiador Paul Preston recomenda a obra ‘Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio’

O historiador Paul Preston recomenda a obra ‘Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio’
Paul Preston
Paul Preston  

“Acabo de ler un libro sensacional” escribiu o historiador hispanista Paul Preston en alusión á obra de Carlos Babío e Manuel Pérez Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, onde ambos os autores estudan o roubo ao pobo pola familia Franco. Preston, reputado investigador dos crimes cometidos polo franquismo na guerra civil e na ditadura, recomenda a lectura da obra editada pola Fundación Galiza Sempre en 2017. “Para alguén que dubide da corrupción de Franco, o seu réxime e a súa familia é de lectura obrigatoria”.


O historiador hispanista Paul Preston recomendou nas súas redes sociais a obra Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, escrita polos tamén historiadores Carlos Babío e Manuel Pérez. “Acabo de ler un libro sensacional” escribiu Preston referíndose a esta obra en que se analiza o espolio da familia Franco e do réxime ao pobo galego representado no caso do pazo de Meirás.

Preston, prestixioso investigador especializado no estudo dos crimes cometidos polo franquismo na guerra civil e na ditadura, recomenda nas súas redes a lectura desta obra editada pola Fundación Galiza Sempre en 2017. “Para alguén que dubide da corrupción de Franco, o seu réxime e a súa familia é de lectura obrigatoria”, aseverou.

“Para alguén que dubide da corrupción de Franco, o seu réxime e a súa familia é de lectura obrigatoria”, aseverou Preston

Paul Preston é unha das voces internacionais máis reputadas na denuncia do franquismo e da pervivencia do réxime na actualidade. Nado en 1946 en Liverpool, especializouse na universidade inglesa de Reading na historia da guerra civil e colabora en diversos medios de comunicación como a televisión británica BBC analizando a actualidade política do Estado español.

Paul Preston é unha das voces internacionais máis reputadas na denuncia do franquismo e da pervivencia do réxime na actualidade

A obra que Preston recomenda contén a máis minuciosa investigación sobre como o ditador Franco usurpou o pazo de Meirás para utilizalo como símbolo do seu poder e como residencia de verán durante case corenta anos.

O edificio, construído pola escritora Emilia Pardo Bazán, chegou ás mans do ditador nun proceso marcado polas coaccións e abusos sobre a poboación sometida polo réxime.

A obra de Babío e Pérez estuda e documenta eses procedementos e analiza as actuacións das administracións en Meirás, co investimento continuado de fondos públicos nunha propiedade herdada pola familia do ditador.

Precisamente Babío afirmaba esta sexta feira 12 de xullo para Sermos Galiza que “desta volta vai en serio” en relación á  demanda que a Avogacía Xeral do Estado presentou xulgado da Coruña

Precisamente Babío afirmaba esta sexta feira 12 de xullo para Sermos Galiza que “desta volta vai en serio” en relación á  demanda que a Avogacía Xeral do Estado presentou xulgado da Coruña sobre a posesión do pazo e contra os herdeiros do ditador (os netos de Franco, os Martínez-Bordiu: María Aránzazu, María del Mar, María de la O, Carmen, Cristóbal e Jaime, e a empresa da que é administrador Francis Franco, Señor de Meirás, e á que traspasou os seus dereitos como herdeiro). Así o Estado reclama a devolución dos bens que fan parte do Pazo de Meirás, en concreto “dos inmóbeis e terreos que compoñen o conxunto que a Xunta declarou BIC no 2008 por iniciativa do BNG”, explicou Carlos Babío a Sermos Galiza.

Carlos Babío foi obxecto de varias denuncias apresentadas pola familia Franco, todas elas replicando a primeira por denunciar nunha canle de televisión o espolio da familia Franco no caso do pazo de Meirás.