Homenaxe a Galán Calvete o sábado na Coruña

Homenaxe a Galán Calvete o sábado na Coruña
Tumba no cemiterio coruñés de Santo Amaro.
Tumba no cemiterio coruñés de Santo Amaro.  SG
Felipe Senén, Teresa Ramiro e Moncho do Orzán interveñen no acto que lembra o secretario da Mocidade Galeguista da Coruña, asasinado o 16 de setembro de 1936 polos golpistas.

Desde 2003 o grupo do barrio do BNG en Monte Alto, na Coruña, celebra por estas datas a homenaxe a Pedro Galán Calvete, un mozo galeguista que foi vítima da sublevación militar do 36 cando apenas contaba con 18 anos de idade. Galán Calvete fora un dos fundadores da Mocidade Galeguista da Coruña, da que era secretario de Organización, en xaneiro do 34. Empezara a carreira de Dereito cando foi detido o día 10 de setembro. Apareceu morto o 16 nunha gabia perto de Culleredo.

No acto deste ano, que terá lugar ás 12 no cemiterio de Santo Amaro, na Coruña, falará o historiador Felipe Senén López, e tamén participarán a poeta Teresa Ramiro e o músico Ramón Palleiro, Moncho do Orzán.

CARTAZ2019PGC