Un informe determina que na Coruña aínda fican sen retirar 106 símbolos franquistas

Un informe determina que na Coruña aínda fican sen retirar 106 símbolos franquistas
Imaxe de arquivo dun símbolo franquista.
Imaxe de arquivo dun símbolo franquista.  

 Elaborado por Manuel Monge, sociólogo e expresidente da Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña.


Na Coruña fican por retirar 106 símbolos franquistas. Así o conclúe un informe elaborado por Manuel Monge, sociólogo e expresidente da Comisión pola recuperación da memoria histórica e que será remitido á Comisión Municipal da Memoria Democrática, á Cátedra de Memoria Histórica da UDC e á Deputación da Coruña.

O documento, de 70 páxinas, lembra que o Concello da Coruña xa retirou máis de medio  cento de símbolos franquistas mais, sinala, fican aínda máis de cen. A maioría delas, 47, son distincións honoríficas: 14 do Concello e 23 da Deputación. Outros 23 pertencen a nomes de rúas e 25 son retratos, mentres que hai 6 en placas, monolitos ou escudos; e 5 en centros de ensino.