Un memorial en Ferrolterra para honrar as vítimas do franquismo

Un memorial en Ferrolterra para honrar as vítimas do franquismo
Bernardo Maiz
Bernardo Maiz  

O proxecto, iniciativa do historiador Bernardo Máiz, logra o apoio da Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol.


Un memorial no que, por orde alfabética e cronolóxica, figuren as centos de persoas vítimas do franquismo en Ferrolterra. Esta é a iniciativa impulsada polo historiador Bernardo Máiz e sobre a que xa traballa unha comisión para facela realidade, segundo indican en Diario de Ferrol. Se en outubro pasado o pleno do Concello de Ferrol aprobou esta proposta, agora vén de ser a Mancomunidade de concellos da comarca os que dan o visto bo á mesma.

A idea é que nese memorial figure por orde alfabética o nome das vítimas do franquismo nesa área, ademais da orixe das mesmas e o lugar onde foron asasinadas, así como a data. O propio Máiz indica que nesta comarca foron asasinadas por volta de mil persoas, a gran maioría entre 1936 e 39. Entre elas, sindicalistas e afiliados a organizacións de esquerdas e galeguistas, así como Sete alcaldes e 40 concelleiros.