Muiñeiras por amor a Galiza, por Xoán Costa

Muiñeiras por amor a Galiza, por Xoán Costa
(Entrada do edificio que albergaba o cine de Brión. Imaxe: infobrion.com )
(Entrada do edificio que albergaba o cine de Brión. Imaxe: infobrion.com )  

O Mestre Magariños foi discípulo de Chané. Compuxo decenas de pezas e nunca percebeu nada por elas. Nos derradeiros anos da súa vida traballou como caixeiro no cinema Mahía de Brión e hoxe a Escola Municipal de Música de Brión leva incorporado o seu nome na denominación oficial: Escola Municipal de Música Magariños.


IM2Polos anos trinta do século pasado, Magariños dirixiu unha circular a todos os directores de bandas de música recomendándolles que executasen música galega, muiñeiras de preferencia. Entregoulles unha relación de partituras e os lugares onde as podían mercar.

Fíxoo mais “por amor a Galiza ... que por lucro” Magariños escrebeu máis de cuarenta obras, moitas delas muiñeiras sabendo que “non me han compensar o traballo que me custou facelas pero estou plenamente convencido de que no ritmo da nosa danza ... se poden escribir bonitas melodías”. E non aceitaba a ausencia da nosa música nas festas, “Paréceme unha nota discordante que nunha carballeira onde até os paxariños cantan en galego, as bandas de música, compostas por galegos, se dediquen a executar bailes de negros e indios”.

Poucas desas composicións foron publicadas mais até a súa morte defendeu que as bandas “por amor a Galiza deben executar muiñeiras, sexan miñas ou de outro” Isto dicíao en 1963 nunha ampla entrevista publicada por La Noche os días 22 e 24 de xuño e conducida por Donato de Eira Pedriña. Nesta fin de semana toda a Galiza está chea de festas mais a música galega está máis ausente do que nunca delas.