O Padre Nieto, outro verdugo en San Simón

O Padre Nieto, outro verdugo en San Simón
[Imaxe: SG] A Igrexa ostentou moito poder durante a ditadura.
[Imaxe: SG] A Igrexa ostentou moito poder durante a ditadura.  

“Fillos da Pasionaria. Dinamiteiros. Vós. Hai que queimarvos como se queimou aos xudeus”. Son palabras atribuídas a Petronilo Nieto, un xesuíta que se converteu no demo da terra para os presos da illa de San Simón.


4Viviu para facer o mal. Ao igual que Francisco Rodríguez “O Rabioso”, xefe da garda civil en Vigo, a presumir da súa crueldade, facendo listas negras de demócratas, perseguindo xentes de ben e organizando sacas no Frontón. E coma el Fernando Lago Búa, antigo militante do carlismo pontevedrés, inspector provincial de prisións en Pontevedra, a negociar con vidas e provocar mortes de Vigo a San Simón. E tamén Emilio Álvarez Martínez, un cura de pistola ao cinto, a fabricar reaccionarios no Vigo de Primo de Rivera e da II República e a cazar homes e mulleres após xullo de 1936. E por suposto algúns dos irmáns Montenegro Cora, capitalistas e dirixentes da patronal conserveira, a dirixir milicias de fascistas en Bouzas e Vigo, a asasinar entre aqueles operarios que os confrontaron nos anos anteriores e a poñer os coches da empresa ao servizo de paseos e dos paramilitares.

Petronilo Nieto era un xesuíta de Vigo que nos anos da II República promoveu a caridade entre os humildes da cidade para afastalos da loita pola xustiza, conspirando contra réxime até o punto de liderar altercados coas autoridades locais á volta de 1933, colaborando con aquela factoría de reaccionarios agrupados na asociación Martín Codax arredor de Emilio Álvarez “O Reisiño” e que chegou a ser denunciado por outros sectores da propia igrexa aglutinados na revista Galicia Social polo “rabioso sectarismo que impide ao sacerdote entregar uns donativos destinados ao refuxio nocturno”. Era o verán de 1936, e como lembraba o comunista redondelán Manuel Barros, acudía ao frontón de Vigo para trasladar detidos ao campo de concentración de San Simón, “e alí o Padre Nieto deunos un discurso dicindo que na illa había que ir á misa. Que o que non fose a misa que llo dixera porque a el mesmo lle daba matar a un que a cen, sacando a pistola nese momento, porque dicía el canto máis mate, máis honores teño”.

[Podes ler a peza íntegra no número 311 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]



x