Tras os pasos dos Vilar Ponte por Viveiro

Tras os pasos dos Vilar Ponte por Viveiro
Carné das Irmandades asinado por Vilar Ponte
Carné das Irmandades asinado por Vilar Ponte  

Este sábado, 13 de outubro, da man do historiador Carlos Nuevo.


“Todo canto eu fixen está ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar mais nunca superar”. A frase de Ramón Vilar Ponte, estensíbel ao seu irmán Antón, mostra o compromiso que guiou estes dous irmáns viveirenses a través da súa actividade política, cultural, social ou xornalística.

Este sábado, 13 de outubro, un roteiro urbano por Viveiro seguirá os pasos dos Vilar Ponte. Será a cargo do historiador Carlos Nuevo Cal [un dos autores da obra Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron] e organizado por Causa Galiza no marco das conmemoracións do centenario da I Asemblea Nacionalista de 2018. O roteiro partirá ás 18:30 da estación de autocarros desta localidade da Mariña.



x