A patria galega desterrada: o 25 de Xullo no exilio

A patria galega desterrada: o 25 de Xullo no exilio
Castelao, a figura referencial do exilio galego
Castelao, a figura referencial do exilio galego  

A Galiza de alén do mar mantivo a celebración do Día da Patria Galega ao longo dos corenta anos de ditadura franquista. A conmemoración desta data acadou unha especial significación naquelas repúblicas americanas onde a presenza galega era cualitativa e cuantitativamente máis importante. Destacaron os actos organizados na Arxentina, México, Uruguai e Venezuela. Ás vésperas dun novo 25 de xullo Sermos Galiza propón recuperar a súa memoria, ofrecendo unha panorámica das xornadas patrióticas organizadas polo nacionalismo exiliado. Eis un extracto da información publicada no número 305 de Sermos Galiza.


4O golpe de estado fascista de xullo de 1936 tronzou toda posibilidade de actividade política pública na terra. Prohibida polo franquismo calquera manifestación de galeguidade, perseguidas sen contemplacións a lingua e cultura galegas, ilegalizadas as organizacións comprometidas coa restauración da nosa identidade nacional, encarcerados, exiliados ou mortos os seus cadros e militantes, a Galiza emancipada viuse obrigada ao desterro.

Se ben unha parte daqueles patriotas formados nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista mantiveron a celebración do 25 de Xullo na esfera privada ou clandestina, participando co tempo na misa de Rosalía en San Domingos de Bonaval, o centro de gravidade do noso día nacional e da actividade nacionalista pasará ás colectividades galegas do exterior. Non houbo recuncho da Galiza expatriada onde o 25 de Xullo deixara de conmemorarse, sinalándose os actos organizados naquelas repúblicas americanas de maior presenza galega.

O faro: A Arxentina

O núcleo arxentino operou como unha sorte de faro para o nacionalismo nas décadas que seguiron a sublevación fascista. O peso cualitativo e cuantitativo da comunidade emigrada, a propia fortaleza e tradición das formacións patrióticas con cadros prestos para a acción política e, sobre todo, a chegada de Daniel Castelao outorgáronlle unha referencialidade confirmada pola práctica política.

[Podes ler a información íntegra no número 305 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]