PRESENTACIÓN DO MONOGRÁFICO DE SERMOS SOBRE REVOLTAS LABREGAS

Polas mártires de Nebra

Polas mártires de Nebra
Monólito de lembranza ás vítimas de Nebra. Imaxe: Paco do Martelo.
Monólito de lembranza ás vítimas de Nebra. Imaxe: Paco do Martelo.  

A ponte de Cans, na parroquia de Nebra (Porto do Son) foi, hai 102 anos, escenario do asasinato de cinco labregas. As catro mulleres e un home opúñanse aos atropelos dos caciques, que non dubidaron en se valer dos militares. O monográfico Rebeldía Galega contra a inxustiza recolle este e outros episodios de revoltas campesiñas e preséntase esta sexta feira no local veciñal de Nebra.
 


O acto será ás cinco da tarde e nel intervirán Francisco Rodríguez, un dos coautores do volume, Patricia Torrado Queiruga -autora do texto Mulleres en loita a comezos do século XX- e Roberto Vilaméa, do Consello de Administración de Sermos Galiza, editora do volume.

Dúas horas máis tarde (19:00) haberá unha ofrenda floral na ponte de Cans, organizada por familiares e amigos das mártires coa colaboración da Comunidade de Montes de Nebra. O BNG de Porto do Son tamén renderá honores ás campesiñas asasinadas na mesma ponte. Será ás seis da tarde ao pé do monolito que lembra as mortas e intervirán Santiago Suárez e o candidato do Bloque á alcaldía do concello Balbino González.



x