GALIZA NO MAPA

O Reino de Galiza no mapa de Lambert de Saint Omer

O Reino de Galiza no mapa de Lambert de Saint Omer
Un detalle do mapa
Un detalle do mapa  

Máis unha entrega de “Galiza no mapa”. A cartografía de Lambert de Saint Omer, en que Galiza ocupa un lugar destacado, estabelece a diferenciación clásica para o espazo ibérico, reservando “Galicia” para a área cristiá e utilizando “Hispania” para a zona musulmá, sinalando ao tempo “Lusitania” e “Tarracona”. Eis un extracto da peza, publicada no Sermos Galiza 296.


3Está considerado como unha das cartografías máis relevantes da Idade Media europea. Incluída no Liber floridus de Lambert de Saint Omer, elaborada nas primeiras décadas do século XII, chegaron a nós diversas copias. A máis antiga das versións, conservada na biblioteca da universidade belga de Gante, é anterior a 1125, incluíndo unicamente un mapa de Europa e un deseño TO, destacando pola súa precisión na área europea. As outras dúas versións, isto é a de Wolfenbüttel e París, que datan de 1150, son simplemente copias distintas do mesmo orixinal, elaboradas polo propio Lambert de Saint Omer, recollendo a diferenza da primeira das versións un mapa do mundo coñecido, alén do espazo europeo. Porén, no mapamundi recollido no manuscrito de Wolfenbüttel aparece como autor do mesmo o cartaxinés Martiño Capella.

O autor da cartografía, Lambert de Saint Omer, foi un monxe bieito e cóengo da catedral de Saint Omer en Calais, nado en 1061 e finado arredor de 1150, que destacou pola súa grande erudición e por uns grandes coñecementos en temas históricos teolóxicos, musicais e xeográficos. A súa grande formación ficou testada no Liber floridus, unha auténtica enciclopedia do momento, rematada á volta de 1120 e que vén ser unha historia completa do mundo coñecido. A obra escrita en latín, amais dunha crónica de grande interese sobre a cultura normanda, achega estudos nos ámbitos da astronomía, ciencias naturais, filosofía e xeografía. As fontes e as influencias para este traballo son diversas, sinalándose as obras de autores que o precederon como Vela, San Isidoro ou Idacio pero tamén da súa propia experiencia de viaxeiro por diferentes zonas de Europa.

[Podes ler a peza íntegra no número 296 de Sermos Galiza, á venda nos quiosques e na loxa]



x