O Reino de Galiza nun mapa gascón do século XI

O Reino de Galiza nun mapa gascón do século XI
Mapa de Saint Sever.
Mapa de Saint Sever.  

Signifícase por ser o único beato elaborado fóra do espazo peninsular. Realizado no escritorio do importante centro cultural operativo no mosteiro gascón de Saint Sever ao longo do século XII, afirma o Reino de Galiza como unha realidade diferenciada na área peninsular, ao tempo que obvia calquera referencia a León e Castela. Serviu a Picasso de inspiración para o Gernika. Eis un extracto da información, publicada no número 344 do semanario en papel Sermos Galiza.


mini_1A cartografía do beato de Saint Sever, denominado tamén por algúns autores como o Beato de París I, foi elaborado na Abadía de Saint Sever entre 1050 e o 1070. Naquela altura era un dos centros monásticos máis importantes da Gascuña, situado en pleno camiño de Compostela e con importantes posesións que se alongaban desde as terras de Bordeos até as terras de Iruña. O desenvolvemento económico que vai vivir toda área gascona ao longo do século XI, após a inestabilidade dos séculos anteriores, estará asociada ao papel dos mosteiros nucleados na contorna do camiño de Compostela, que a un tempo activarán a economía, mediante a recuperación das terras baldías polos labregos asociados ás mesmas, e dinamizarán culturalmente a área arredor dos seus escritorios.

A carta, recollida nunha copia dos Comentarios da Apocalipse do beato de Liébana, destaca pola súa rica policromía, pola abundante presenza de ouro e prata nas diversas miniaturas e polas dimensións do mesmo, que suman trinta e sete por cincuenta e sete centímetros.A autoría do traballo non presenta dúbidas, xa que aparece asinado por SthepanusGarsia, un copista do escritorio da abadía que atopamos ligado a outros traballos deste tipo. Porén, as contradicións xorden á hora de datar a obra. Atendendo que nunha sorte de ex libris na propia obra aparece dedicado ao abade do mosteiroentre 1028 e 1072 Gregorio de Muntaner, os investigadores coinciden en sinalar que debeu de ser realizado nos seus últimos anos á frontedo cenobio, fixando como referencia entre 1050 e 1070.

[Podes ler a información íntegra no número 344 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]