Suez, un suco aberto no deserto, por Xoán Costa

Suez, un suco aberto no deserto, por Xoán Costa
Ponte Mubarak da Paz sobre Suez (Wikipedia)
Ponte Mubarak da Paz sobre Suez (Wikipedia)  

O canal de Suez, ese suco de case douscentos quilómetros aberto no deserto para ligar o mar Mediterráneo ao mar Vermello e permitir as embarcacións iren da Europa á Asia sen teren que contornar a África polo cabo da Boa Esperanza, foi un proxecto iniciado polos faraóns, rematado no século XIX e ampliado no XX. Durante este tempo estivo varias veces fechado ao tránsito


En 1956 Exipto nacionalizou a Compañía do Canal co obxectivo de financiar a construción do Encoro de Asuán, após o rexeitamento dos Estados Unidos e do Reino Unido de forneceren os fondos necesarios, en represalia porque os exipcios adquiriran armamento da Unión Soviética. Os bens exipcios foron conxelados e a axuda alimentaria suprimida.

suez

Os principais accionistas do canal eran daquela os británicos e os franceses así que, coa colaboración de Israel, lanzáronse a unha operación militar, a "operación mosqueteiro", o vinte e nove de outubro de 1956.

A Crise do canal de Suez durou unha semana. Como resultado dos danos e dos barcos afundidos, o canal fechouse até abril de 1957.

E despois abriu. Exipto sofrera unha derrota militar mais non política. Os petroleiros que do Golfo viñan a Europa non podían dar a volta polo Cabo da Esperanza.