Editorial #Sermos309: Unha obriga

Editorial #Sermos309: Unha obriga
Alexandre Bóveda
Alexandre Bóveda  

Recuperar a historia, a nosa, sen deturpar e á marxe de visións estereotipadas é unha obriga para comprendermos mellor o presente e para poder encararmos o futuro coa mirada posta na xustiza social, na igualdade, no dereito a decidir e na liberdade das nacións sen Estado.


Recuperar a historia, a nosa, sen deturpar e á marxe de visións estereotipadas é unha obriga para comprendermos mellor o presente e para poder encararmos o futuro coa mirada posta na xustiza social, na igualdade, no dereito a decidir e na liberdade das nacións sen Estado. Do piñeiro da Caeira onde fusilaron a Alexandre Bóveda o 17 de agosto de 1936 fican só apenas unhas cascas. Mandárono cortar, como se eliminándoo puidesen acabar cos seus ideais. Porén, fica hoxe a pegada inmorrente da vida exemplar das e dos patriotas que, como Bóveda, deron a súa vida por Galiza. Queremos honrar a todas e todos os que foron asasinados ou represaliados por loitar pola liberdade da nosa nación.

A todas e todos os nosos mártires, estandartes da dignidade e do heroísmo, debémoslles unha  lei da memoria histórica propia. Unha norma que contemple, entre outras medidas a anulación dos xuízos e condenas ditadas polos tribunais franquistas entre 1936 e 1978; a supresión de toda a simboloxía franquista; a divulgación da nosa historia sen deturpacións ou a declaración de San Simón como Illa da Memoria, ademais da a exhumación das vítimas soterradas en foxas comúns, cuestión á que dedicamos o “Tema de Primeira” do número anterior de Sermos Galiza.



x