A veciñanza de Valga honra o seu alcalde asasinado en 1937 polos franquistas

A veciñanza de Valga honra o seu alcalde asasinado en 1937 polos franquistas
Celestimo Carbia estivo preso na illa de San Simón.
Celestimo Carbia estivo preso na illa de San Simón.  

Celestino Carbia Campaña foi rexedor entre 1931 e 1936. Estivo preso na illa de San Simón e foi fusilado en Monteporreiro. Esta fin de semana diversos actos lembran Celestino e outros veciños da zona albo da represión.


Celestino Carbia Campaña foi alcalde de Valga entre os anos 31 e 36. Foi co-fundador do Sindicato Agrario de Cordeiro, impulsor do cooperativismo no municipio e defensor da liberdade e dos dereitos das persoas, sobre todo das máis desfavorecidas,. Após o alzamento militar de 1936, foi detido e estivo preso en San Simón. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Fusilado en Monteporreiro, rexistrándose a súa morte a causa de hemorraxia. Tiña 39 anos. interna. Enterrado no cemiterio de San Amaro, en Pontevedra, a súa familia logrou traer os seus restos en 1977 ata o cemiterio de Cordeiro, onde repousan dende entón.

Esya fin de semana, Valga acollerá diversos actos de homenaxe e lembranza, impulsados pola asociación cultural Os Penoucos e a SC de Cordeiro, ao alcalde e demáis veciños represaliados. Vai ser, lembran, o primeiro acto de memoria histórica na localidade.

O sábado 7, a partir das 19:00h., no local do antigo teleclube de Cordeiro, haberá un coloquio no que participará Margarita Teijeiro, da Asociación O Faiado da Memoria, Raúl Soutelo, mestre e investigador e Manuel Carbia, neto de Celestino Carbia. A continuación, proxectarase o documental Aillados, de Antonio Caeiro, que relata a historia do campo de concentración da Illa de San Simón durante os anos da Guerra Civil (1936/1939), contadas polos seus protagonistas, os presos.

O domingo 8, terá lugar no cemiterio de Cordeiro, ás 13:30 h., un acto de lembranza e memoria ante a tumba de Celestino Carbia Campaña, onde se procederá á colocación dunha placa conmemorativa.