Vía Galega conmemora o domingo 18 o centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo

Vía Galega conmemora o domingo 18 o centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo
Foto de familia da Asemblea Nacionalista de Lugo [1918]
Foto de familia da Asemblea Nacionalista de Lugo [1918]  SG

Entre outros actos, procederase á  lectura da ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’.


“Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”. 17 e o 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala desenvolvían, no Teatro Lugo, a I Asemblea Nacionalista Galega. Unha data chave na historia de Galiza e que a plataforma Vía Galega quer conmemorar.

Faráo o vindeiro domingo 18 de novembro, en Lugo. O colectivo quer así render homenaxe a un feito “central na reivindicación da Galiza como suxeito político e a reclamación da súa soberanía”.

Entre os actos programados procederase á lectura dunha ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’ e realizarase unha ofrenda floral. Posteriormente, e no paseo superior da Muralla de Lugo, haberá lectura de textos de activistas das Irmandades da Fala, acompañada de música.



x