A proposta de Estado federal do PSOE só recoñece a España como nación

A proposta de Estado federal do PSOE só recoñece a España como nación
Fernando Jaúregui
Fernando Jaúregui  

O plan que presentarán @s socialistas este sábado en Granada non asume o estado plurinacional e rexeitará o dereito a decidir “porque a saída ás tensións non pode ser un referendo”.  


Un lavado de cara ás autonomías baixo unha nova definición xusto cando o actual modelo é máis contestado por insuficiente en determinados territorios. Nesa liña sitúase o documento que prepara o PSOE para lanzar o próximo sábado en Granada a súa proposta de Estado Federal, que foi anunciada en rolda de prensa polo dirixente Ramón Jaúregui. 

O texto que proporá a dirección socialista só recoñecerá a España como nación, negándolle esa realidade a Galiza, Cataluña ou Euskal Herria. Así o afirmou Jáuregui, que confirmou que non haberá referencia ao “Estado plurinacional”. “Non incluiremos ese término, hai semánticas diferentes”, aseverou. 

“Cada día seguimos a axenda que marcan os nacionalistas pero España non fai nada. Este problema reclama que poñamos o foco nunha iniciativa que atenda os problemas e dea unha saída mediante o diálogo a un encaixe que é imprescindíbel”, comentou Jáuregui sobre un texto que pode intensificar os desencontros do PSOE con amplos sectores do PSC. 

O deputado socialista tamén descartou que a proposta federal do seu partido vaia incluír o dereito de autodeterminación. “A saída ás tensións non pode ser un referendo”, dixo.