O ditador Videla morre no cárcere, condenado a cadea perpetua polos seus crimes

O ditador Videla morre no cárcere, condenado a cadea perpetua polos seus crimes

Á historia lembraráo como un dos máis sanguinarios ditadores de Latinoamérica. Jorge Rafael Videla morreu aos 85 anos no cárcere, condenado por estar ao fronte do máis cruel dos reximes, o que goberno Arxentina e fixo desaparecer máis de 30.000 persoas. 


A militar dos desaparecidos, o brazo executor dunha das máis terroríficas ditaduras morreu na Arxentina, no cárcere, e condenado a cadea perpetua por unha xustiza que nunca recoñeceu. A imaxe rexia de Videla a declarar diante os xuices percorreu o mundo en varias ocasións, a que máis, cando Videla foi condenado pola apropiación de menores de mulleres desaparecidas nunha sentenza que se considerou histórica. A xustiza contemplaba a desaparición das criaturas como parte da estratexia de exterminio decretada por Videla. 

De 1976 a 1981 gobernou coa máis duras das mans unha Arxentina na que mozos e mozas que non respondían ao ideario dos militares desaparecían ou se vían na obriga de se exiliar.Máis de trinta anos despois, Videla morre no penal de Marcos Paz, condenado por múltiples crimes, entre eles os recollidos no famoso Plan Cóndor. 

"Un ser despreciábel deixou este mundo" afirmou Estela de Carlotto, presidenta de Avoas, o colectivo de mulleres que reclama os bebés desaparecidos durante a ditadura. 

Condenado, sen perdón

Jorge Rafael Videla pasará a historia como o xenocida que protagonizou a etapa máis dura da Arxentina. Secuestros, prisión, desaparicións e asasinatos foron a tónica da súa maneira de poñer control sobre o país no que buscaba instaurar unha ríxida política neoliberal e no que quería ver imperar os estrictos comportamentos propios dun rexime que tiña na relixión e o exército os seus fundamentais piares. 

O fin chégalle aos 87 anos e na cadea, onde cumpría condena por delitos de lesa humanidade dos que nunca pediu perdón. As denuncias de colectivos de activistas, en especial Madres e Abuelas de la Plaza de Mayo continúan a pedir xustiza, memoria e aínda buscan aos fillos desaparecidos e aos netos que nunca coñeceron.