Reúnese o Consello Europeo para repensar a arquitectura da UE

Reúnese o Consello Europeo para repensar a arquitectura da UE
Comeza hoxe unha cume europea para profundizar no proceso de integración fiscal, bancaria e política. Segundo @s [email protected] de Estado e de Goberno dos 27, encamiñada a superar a actual crise do euro e lograr unha maior estabilidade financeira.

@s [email protected] de Estado e de Goberno da Unión Europea -UE, reúnense esta quinta en Bruxelas para adoptaren medidas encamiñadas á estabilización dos mercados financeiros -especialmente agresivos coa debeda española e italiana. Así mesmo, pretenden acordar un outro plan de crecemento e emprego que pasará, a priori, por unha maior integración no mercado único, dixital e enerxético; unha unión fiscal, bancaria e a profundización no proxecto de integración política.

A proposta, que será presentada hoxe polo presidente do Consello Europeo, Herman Van Rompuy, prevé a creación dun supervisor bancario europeo, un Tesouro comunitario, a posibilidade de vetárense os orzamentos dos Estados Membros dende as institucións ou o estabelecemento de límites na emisión de débeda -algo moi semellante ao límite orzamentario incorporado na Constitución española para as administratacións autonómicas e estatal.

A instrodución destas reformas, que pasarían pola reforma dos Tratados e abranguerían, para alén do eurogrupo aos estados europeos con moeda de seu, suporía unha importante perda de soberanía económica e política en favor das institucións comunitarias.

Malia que existen puntos en común no seo da UE, atopamos dous grupos de opinión diferenciados a respecto do tratamento da débeda, dunha banda, aqueles que rexeitan a emisión de eurobonos e, por ende, a compra de débeda estatal por parte do BCE sen un maior control previo dos estados membros; e aqueloutros -entre os que se atopan Francia, Italia e o Estado español, que pulan pola reactivación da máxima autoridade financeira na UE; evitando así maiores custos de financiamento para os estados membros con grandes dificultades económicas -nomeadamente Italia e España.

O informe que se presentará hoxe no Consello foi elaborado, para alén do seu presidente e do seu homólogo na Comisión, polos responsábeis do BCE e do Eurogrupo.

O Eurogrupo aclara que o Estado español será o máximo responsábel do rescate

@s [email protected] de economía da eurozona deixaron moi claro na súa última xuntanza que será o Estado español o que asuma o rescate financeiro solicitado á UE converténdose pois no máximo responsábel na súa devolución. Ao contrario das informacións contraditorias emitidas polo goberno español dende que se fixo público o préstamo, o diñeiro achegado polo Fondo de Rescate Europeo computará como débeda española -descartando unha recapitalización directa sobre a banca. Como máximo responsábel, o goberno español deberá cumprir coa vontade dos deus acredores implementando a folla de ruta que condicione o rescate.
Asemade, inspectores europeos xa iniciaron unha investigación en Madrid sobre as necesidades das entidades financeiras españolas.