@s Bolechas teñen un clube

@s Bolechas teñen un clube
A xa numerosa familia Bolechas medra cada día. O clan creado por Pepe Carreiro ten agora un clube para “enganchar” aínda máis as crianzas. Doce anos despois do seu nacemento, Pili, Loli, Braulio, Carlos, Sonia e Tatá son xa parte de moitas casas galegas nas que medran e medraron xeracións bolecheiras.

 Convertidos xa nun “fenómeno” como di a páxina que teñen na rede, a familia Bolechas continúa a ser o produto creado no país que máis pegou nos nosos nenos e nenas. Cando hai doce anos Pepe Carreiro botaba a andar en Edicións A Nosa Terra a peculiar familia numerosa ninguén podía contar coa dimensión da súa sorte. A tal hora, adolescentes e xa mocidade ten no singular apelido unha referencia da súa infancia. Conseguiron porse á altura das coñecidas personaxes da animación internacional, esas que acompañaron xeracións e xeracións sen mudar de tamaño. Agora si, mália a competencia, a saga Bolechas acadou o seu posto sen deixar nunca de falar galego.

As trasnadas, as situacións desorbitadas ou as aprendizaxes da familia Bolechas foron compartidas nas distintas coleccións de libros que deron despois noutros produtos infantís até o momento ausentes no mercado galego. De libros plásticos para o baño até quebracabezas, de guías infantís das cidades até primeiros manuais da natureza. Todos eles co entusiasmo que a cativada atopaba en Carlos, as xémeas Pili e Loli, Braulio, Carlos, Sonia ou Tatá e, como non, tamén en Chispa, o inseparábel can das crianzas. Agora, nunha nova xeira, os Bolechas móvense con facilidade en internet, na súa páxina web e nas redes sociais en que achan novos campos para se encontraren cunha nova xeración de [email protected] Facebook, tuenti e twitter senten tamén o seu barullo.

Para ser [email protected]

Facerse [email protected] do clube é ben fácil desde a páxina web que teñen na rede. En troca de se inscribiren, nenos e nenas recibirán de balde na casa un carné de [email protected] e un agasallo ademáis de ter o privilexio de contar con descontos na compra de produtos da familia.

A páxina da familia Bolechas conta xa con xogos como colorea, canta e a granxa. Promete concursos e outros enredos para que a cada pouco máis e máis nenos e nenas tomen parte dese grande clube, con carné ou sen el, que é o das crianzas que medran a carón de Pili, Loli, Carlos, Braulio, Sonia e Tatá. E tamén de Chispa, claro.



x