Certame "Terra Chá" de literatura e debuxo infantil

Certame "Terra Chá" de literatura e debuxo infantil
Festival de Pardiñas (Xermolos)
Festival de Pardiñas (Xermolos)  

O certame "Terra Chá" de literatura e debuxo infantil que convoca a Asociación Xermolos chega a súa 33 edición. Poden concursar nenos e nenas de toda Galiza e os premios serán entregados no Festival de Pardiñas.


Os debuxos teñen que facerse en cartulinas, os contos e poemas en páxinas diferentes. Nenos e nenas terán que entregar os seus traballos nas Direccións dos Centros de Ensino e daí irán á Asociación Xermolos de Guitiriz, ben por correo postal, ben por correo electrónico.

Os premios dividiranse entre os traballos pertencentes á Terra Chá e os doutros centros escolares de Galiza. Segundo os ciclos e as especialidades, os premios serán o primeiro de 60 euros, o segundo de 50 e 30 o terceiro en libros e CD´s. O prazo de entrega será o 31 de maio de 2012 e os premios serán entregados o 5 de agosto no Festival de Pardiñas.



x