Chévere mergulla á xente nova no teatro en Teo

Chévere mergulla á xente nova no teatro en Teo
Ir de campamento e ter como monitores a Patricia de Lorenzo e Xesús Ron é algo que só podería ocorrer nun mundo Chévere. Do 1 ao 14 de agosto un grupo de rapaces e rapazas teñen esa sorte en Teo.

Berberechévere é o campamento cultural que os Chévere montan no Concello de Teo. O teatro e demais artes vivas son os protagonistas das actividades de [email protected] de 8 a 12 anos neste singular encontro estival que ten lugar nas dúas primeiras semanas do mes de agosto. Un baño de artes escénicas nun especial verán artístico.

As crianzas participantes gozarán de monitores de luxo. Achegarse ao mundo do teatro da man de Patricia de Lorenzo e Xesús Ron, dous nomes con longa e rica traxectoria en Chévere, é un luxo inesperado no conxunto de programacións para o tempo no que non hai colexio. Por riba, Río Bravo, o mundo do oeste á galega, está a ser o universo no que se mergullar para descubrir o teatro. Trátase, sen dúbida, dunha das obras de máis éxito da compañía, un mundo divertido e crítico aos que se achegarán en Berberechévere no propio escenario, como acontece nunha obra de teatro calquera.

Canda Patricia de Lorenzo e Xesús Ron, ao campamento achegaranse Miguel de Lira, Manuel Cortés, Marcos Ptt Carballido, Carlos Alonso, Xacobe Martínez Antelo e Fidel Vázquez un elenco de calidade para facer destas dúas semanas de agosto un tempo lúdico e de aprendizaxe.



x