En tren nas festas de Ourense

En tren nas festas de Ourense
O Parque Ferroviario Carrileiros de Ourense organiza un programa especial para as festas da cidade. Aínda quedan o sábado día 30 e o 1 de xullo para subir ao tren.

As Festas de Ourense ofrecen programa para todos os públicos pero para os máis pequenos poñen a andar os comboios do Parque Ferroviario Carrileiros que artellou para estes día sunha programación especial. O sábado día 30 de 11.30 a 13.30 a xente máis nova poderá, aemais de circular nos trens polo Parque fotografarse na locomotora que agardará polas crianzas na estación para inmortalizar o momento. O domingo repetirase o programa á mesma hora pero, alén diso, de 19.00 a 21.00 organizarase un obradoiro ferroviario para os máis cativos. Consistirá en construír un tranvía de madeira.

Máis información na web do Parque Ferroviario Carrileiros. 



x