Novo curso para crianzas folquis en Pontevedra

Novo curso para crianzas folquis en Pontevedra
aula folque
aula folque  

Con xa dez anos de existencia, a Aula Folque Infantil abre de novo matrícula para contribuír á formación musical de pequenas e pequenos de entre 5 e 12 anos en Pontevedra. O proxecto de aCentral Folque conta cunha equipa docente de relevantes profesionais da música á cal este ano se incorpora a cantane Mónica de Nut como mestra de canto.


 

O proxecto da Aula Folque Infantil (AFI) ten as súas trabes nas músicas de raíz, nomeadamente as do ámbito lusófono. Creada co apoio da concellaría de Cultura de Pontevedra leva xa dez anos impartindo aulas de formación musical para cativas e cativos de 5 a 12 anos a través dunha experiencia que busca que a cativada se achegue á música desde dunha maneira divertida e en grupo. Aulas de voz, danza, percusión e experimentación sonora, son as que compoñen o plan de estudos deste particular ciclo formativo que tenta percorrer o sonoro camiño que vai do folque tradicional ao jazz experimental.


O cadro docente da AFI está formado por [email protected] que alén das aulas traballan sobre escenarios ou asinan discos en distintas formacións musicais. Ademais da nova incorporación de Mónica de Nut, Marcelo González en baile e percusión tradicional, Xurxo Troncoso para percusións do mundo e José Manuel Díaz nas aulas de sons. Xogo, participación e aprendizaxe nunhas aulas lúdicas para formar a novos folquis para o futuro.

En paralelo ás aulas promoven o Laboratorio de Sons que ten como obxectivo a investigación sonora e escénica tirando tamén do ámbito lúdico como motor para aprender. Neste caso, o laboratorio está indicado para [email protected] de 8 a 15 anos.

As aulas da AFI son as sextas á tarde e o Laboratorio de Sons os sábados á mañá, sempre no Antigo Conservatorio de Pontevedra, na rúa Alfonso XIII.

A AFI ten aberta a súa matrícula para o novo curso. Para máis información pódese cómpre consultar na súa páxina web. 



x