Titiricircus celebra os seus 25 anos en Redondela

Titiricircus celebra os seus 25 anos en Redondela
O aniversario conmemórase en Redondela, onde “residen” os Tanxarina. A obra teatral Titiricircus cumpre vintecinco anos e a festa promete ser grande. Como agasallos presentan un libro e un audiovisual e ofrecen dúas novas representacións que se suman ás máis de mil que xa levan. No remate, a farra que corresponde a tan singular aniversario.

Máis de un milleiro de actuacións e vintecinco anos en cartel fan de Titiricircus a obra de teatro de títeres galega máis representada. Sen se deixar nunca de representar en todo este tempo, íase converter na marca de identidade de Tanxarina. Tres dos membros da compañía participaron en cada unha das representacións, de América a África, dos bares aos teatros.

Para o aniversario, Redondela será o salón das festas para o Titiricircus. O sábado presentarase o álbum ilustrado que publica Kalandraka m

ái so audiovisual da autoría de Chuchi Carreira que relata a historia da obra. O domingo, o público poderá asistir ás dúas sesión do espectáculo e partillar da festa de amizade que pechará a fin de semana.

Asinado por Tanxarina e con ilustración de Pablo Pastor, tamén viciño de Redondela, o album ilustrado recolle a través de fantásticas imaxes un mundo de equilibristas, pallasos, encantadores de cobras ou titiriteiros para relatar a historia de dous artistas dun circo desaparecido que lembran o pasado de esplendor cos seus monicreques.



x