O PP destruíu o disco duro cos arquivos de Bárcenas

O PP destruíu o disco duro cos arquivos de Bárcenas
Luís Bárcenas
Luís Bárcenas  PP

O Partido Popular explica na Audiencia Nacional que se desfixo da información o pasar o ordenador do ex-tesoureiro a outro empregado do PP


O Partido Popular explica na Audiencia Nacional que se desfixo da información o pasar o ordenador do ex-tesoureiro a outro empregado do PP

O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz pediu ao PP os dous ordenadores que Bárcenas empregaba cando era tesoureiro do partido. O propio Bárcenas, nas súas declaracións perante o maxistrado, sinalaba que neses ordenadores había información relevante e probas das súas acusacións de sobresoldos e financiamento ilegal.

E o PP fixo entrega deses ordenadores. Mais coa información borrada. Segundo recolle El País, o PP destruíu o disco duro que Bárcenas instalara no seu portatil de traballo no partido. Xustifican esta actuación no protocolo a seguir cando pasa a outro empregado.

No outro ordenador hai información, si, mais non é a que gardaba Bárcenas