Editorial Sermos296: Todos os días deben ser das letras galegas

Editorial Sermos296: Todos os días deben ser das letras galegas
As escaleiras da Quintana, cheas, no último 17M
As escaleiras da Quintana, cheas, no último 17M  

Hai unha sociedade galega que todos os anos se manifesta masivamente a prol do sinal que máis a identifica como pobo, a lingua. Certo. Hai un goberno, o de Feixóo, que é o primeiro que, desde que temos institucións propias, lexisla abertamente contra o galego. Certo tamén. Hai dados sociolóxicos incontestábeis que alertan do descenso significativo do número de persoas galego-falantes e da dramática quebra da transmisión interxeracional. Certo, evidente e moi preocupante.

 

Este é o marco en que se disputa a partida da supervivencia da lingua galega. Porque iso e non outra cousa é o que está en xogo. Todos os axentes o sabemos, tamén os meios de comunicación. Sábeno desde aqueles que batallan por un galego con futuro (verbigratia, Queremos Galego) até aqueles que queren a lingua ou morta (a esperpéntica plataforma Hablemos Español) ou residualizada en rituais petrificados. E esa partida só se pode gañar desde a acción consciente da sociedade galega. Desde a mobilización puntual -como este sempre masivo 17M- até o día a día. Eis precisamente a chave: que non haxa ningún día sen lingua galega.

 

 



x