25N: Catalunya vai ás urnas

25N: Catalunya vai ás urnas
Diada 11S
Diada 11S  
Catalunya concorre este domingo ás eleccións entre unha forte espectativa.

Máis de cinco millóns de persoas están chamadas ás urnas nuns comicios que espertaron o interese de numerosos medios de comunicación internacionais após as declaracións de Artur Mas, aínda president da Generalitat de Catalunya, en que aseguraba que estas eleccións eran o primeiro paso dunha axenda de país cara a independencia.

Corenta medios internacionais –dos 70 totais acreditados-- retransmitirán os resultados a partir do peche de case tres mil colexios electorais. O electorado elixirá entre sesenta e catro candidaturas, que compoñen o abano político nestas eleccións, das que sairán os 135 escanos que compoñen o Parlament.

Porén, a maior espectación sitúase na composición final da Cámara e as posibilidades reais de que o soberanismo consiga finalmente ser maioritario no hemiciclo. De entre todas as candidaturas tan só o Partido Popular liderado por Alicia Sánchez Camacho e Ciutatans, amosaron durante a campaña o seu rexeitamento a un posíbel cambio no staus político de Catalunya. Porén, as restantes opcións partidarias diverxen no resultado final entre o federalismo defendido polo PSC –malia a oposición de boa parte do PSOE-- e a soberanía en clave popular das CUP, que poderían ser a grande sorpresa da xornada se, como apuntan as enquisas, conseguen representación parlamentar.

Así as cousas, os últimos inquéritos tiran uns resultados favorábeis para CiU que podería gañar as eleccións malia non conseguir a maioría absoluta ansiada polo seu candidato, Artur Mas. O xiro cara a focalización do debate en Catalunya na súa soberanía serviulle ao president para paliar o seu desgate electoral após a vaga de recortes aprobada polo Govern, porén haberá que ver se consegue finalmente recuncar na presidencia.