A campaña catalá interesa aos medios de comunicación do mundo


A campaña catalá interesa aos medios de comunicación do mundo
Desde a Diada até esta campaña electoral que hoxe remata, Catalunya centrou boa parte da información da prensa internacional. O interese pola súa situación e a petición dun referendo interesaron desde o principio para contar, de primeira man, a realidade catalá.

O interese que despertou a campaña electoral catalana a nivel internacional sobrepasou calquera espectativa. Agora mesmo contabilízanse correspondentes de máis de vinte países. Agora mesmo en Barcelona hai xornalistas, por exemplo, de Estados Unidos, Reino Unido, Bélxica, Finlandia, Taiwán, Portugal, Italia, Austria, Francia, Dinamarca, Suiza, Grecia, Rusia, Xapón, Brasil, México, Chile e Rusia. Entre os medios de comunicación que seguiron esta campaña figuran L'Espresso (Italia), Le Figaro (Francia), The Times (Reino Unido), Le Monde (Francia) y The Wall Street Journal (Estados Unidos) ademais de oito emisoras de radio e vinte e nove televisións como a BBC News (Reino Unido), a NHK (Xapón) ou a Rainews 24 (Italia).

Interese no Reino Unido

Os medios de comunicación do Reino Unido tiveren un especial interese en seguir esta campaña electoral en Catalunya. O seu propio caso, cunha Escocia a piques de celebrar tamén un referendo, tivo un maior seguimento desde as Illas Británicas. 

O xornal The Guardian realiza un seguimento con reportaxes sobre a vida política, social e cultural de Catalunya. Baixo o nome de Barça-loners, en colaboración con La Vanguardia, examina as razóns que ten Catalunya para exixir a súa independencia de ser un Estado propio. Nunha desta últimas reportaxes analiza o papel do FC Barcelona como “algo máis ca un clube”. [email protected], políticos, directivos desta entidade deportiva falan da súa historia e da súa situación actual. Como Carles Vilarrubí, vicepresidente do FC Barcelona, que define ao clube como o que  “representa a identidade colectiva dun país, dunha nación sen Estado que ten a súa propia cultura e a súa propia lingua”

The Economist, a revista económica inglesa, tamén seguiu con interese o proceso catalán. Desde a multitudinaria manifestación do 11 de setembro publica artigos en profundidade onde explica as razón que ter Catalunya para pedir a independencia. Nun dos seus últimos números fala de "resentimento" nalgunhas nacións sen Estado e que "quizais Catalunya, Euskadi e Galiza deberían ter máis autonomía que o resto e ser recoñecidas como nacións culturais". Esta publicación colocou hoxe como portada do seu Facebook a Artur Mas nun mitin destes días de campaña.