CiU e ERC achegan posicións con ICV e PSC na procura de acordos

CiU e ERC achegan posicións con ICV e PSC na procura de acordos
Xuntanza ERC, CiU, ICV e PSC
Xuntanza ERC, CiU, ICV e PSC  VilaWeb
Ambas as dúas formacións políticas acordan introducir cambios na declaración de soberanía en beneficio dun maior consenso. Primarán os conceptos de 'soberanía' e 'dereito a decidir' en detrimento da creación dunha Catalunya como 'suxeito político e xurídico'.

Nunha xuntanza desenvolvida a segunda feira (14 de xaneiro) e en que estiveron presentes @s [email protected] de CiU, ERC, ICV-EUiA e PSC; as formacións políticas achegaron posturas a respecto da declaración de soberanía que presentarán esta terza feira.

Segundo informa a prensa catalá, os devanditos partidos políticos presentarán un texto conxunto en que se incorporarán á declaración orixinal --asinada por CiU e ERC-- as propostas das outras dúas formacións. Neste senso, o documento afondará nos conceptos de "soberanía" e "dereito a decidir" mudando así a proposta inicial que describía a "Catalunya como suxeito político e xurídico" así como pulaba pola construción "dun novo estado en Europa".

A xuntanza desenvolvida entre os distintos grupos tivo lugar após amosarse ERC en disposición de negociar un outro texto que permitise acadar un consenso máis amplo ao cal se sumar ICV e PSC. A declaración que será rexistrada esta terza feira non muda a data fixada para a súa votación polo cal o texto pasará a se integrar na orde do día fixada para o Pleno parlamentar que terá lugar o vindeiro 23 de xaneiro.

CiU e ERC reforzan o concepto de dereito a decidir e soberanía na procura dun maior consenso

Aínda que CiU e ERC aseguraron que os resultados obtidos do encontro reflicten a capacidade dos distintos grupos de construíren acordos, PSC, ICV e a CUP presentarán cadansúa proposta de resolución. Neste senso, @s socialistas queren que o govern estabeleza un período de dous anos para negociaren co executivo español unha "forma legal" para desenvolveren a consulta, á fin de combinar as posturas de ambos os dous países. Aliás, defenderán unha reforma da Constitución española "que garanta o máximo autogoberno para Catalunya".

En troca, na CUP aseguran que "os intentos de encaixe do noso pobo dentro do Estado español e francés transformáronse nunha vía sen percorrido" polo cal "teñen dereito a manifestaren as súas lexítimas aspiracións nacionais mediante un referendo, como parte dun proceso constituínte no marco dos Països Catalans". Así pois, a formación independentista que posúe 3 [email protected] no parlament, proporá "ao goberno de Catalunya a abrir un proceso de diálogo cos axentes sociais, económicos e culturais dos Països Catalans para sondar a súa vontade de engadirse a un proceso de soberanía máis amplo". Porén, a CUP asegura que o proceso de debate e votación en referendo da independencia catalá non pode ir "en ningún caso máis aló do 2014".

Imaxe: Vilaweb