Fernández Díaz conspirou co xefe de Antifraude para fabricar escándalos contra ERC e CDC

Fernández Díaz conspirou co xefe de Antifraude para fabricar escándalos contra ERC e CDC

Unhas gravacións mostrarían o ministro do Interior discutindo como obter dados para desprestixiar líderes do independentismo catalán.


Fernández Díaz, ministro do Interior en funcións e candidato do PP por Barcelona, conspirou en 2014 co xefe da Oficina Antifraude de Catalunya, Daniel de Alfonso, para conseguir dados cos que fabricar escándalos contra ERC e CDC. o diario dixital Publico informa esta terza feira que dispón de gravacións das conversas entre Fernández Díaz e De Alfonso que mostran que tratan de desprestixiar líderes independentistas. Así, procuraron dados incriminatorios sobre Oriol Junqueras, Felip Puig e Francesc Homs.

Público indica que as conversas tiveron lugar pouco antes da consulta do 9N e a intención era desprestixiar o independentismo catalán. De Alfonso aseguraría ao ministro que estaban “a investigar cousas de Esquerra” mais que só tiñan “indicios moi febles”. Porén, apontaba que a posibilidade de “conseguir ter algo que se sacara no momento oportuno de Esquerra” podería facer que Artur Mas reconsiderase os acordos que tiña con ERC.

Sempre segundo as gravacións, o xefe da Oficina Antifraude, De Alfonso tentaría “convencer o grupo Planeta para que me faga unha investigación” e comprobar varios indicios.