ESTADO

A Garda Civil española impón un tratamento racista a [email protected] de raza negra

A Garda Civil española impón un tratamento racista a [email protected] de raza negra

Na localidade balear de Calviá, unha circular interna do instituto armado obriga a manter un réxime diferenciado e máis duro segundo a cor da pel da persoa contra a que actúen.


O racismo institucionalizado con ánimo represor atopa unha grave comprobación na Garda Civil española en Calviá, nas Illes Balears. Segundo desvelou o diario Última Hora, alí o instituto armado manexa ordes racistas á hora do tratamento ás persoas detidas.

Unha circular interna impón un réxime distinto e de maior dureza sobre @s [email protected] de raza negra, nunha orde de claro matiz racista e ilegal. Así, segundo se coñeceu, unha instrución sinala que “cando neste posto principal haxa unha detención ou se reciba un detido da Policía Local que se trate de raza negra (de calquera nacionalidade ou procedencia e con independencia do motivo da detención) chamarase ao xefe da Área de Investigación. Se a detención ten lugar de madrugada chamarase ás oito da mañá. Non se realizarán dilixencias de aviso a familiares nin ningunha outra até que o xefe da Área de Investigación dea as instrucciones oportunas”.