Mercedes Peón, Lluis Llach, Paco Ibañez, e Fermín Mugurza, no concerto pola liberdade de Catalunya

Mercedes Peón, Lluis Llach, Paco Ibañez, e Fermín Mugurza, no concerto pola liberdade de Catalunya

O Concert per la Llibertat terá lugar o 29 de xuño e no mesmo tomarán parte un total de 60 cantantes e grupos de diferentes países 


O Concert per la Llibertat vai ter lugar o vindeiro 29 de xuño no Camp Nou, estadio que o FC Barcelona cede para o evento. Un total de 60 artistas, de diversos estilos e procedentes de diferentes países, estarán presentes neste concerto que, sinalan desde Omnium Cultural e Asemblea Nacional de Catalana (ANC), “ quere iniciar unha campaña de sensibilización da opinión pública” en favor do dereito a decidir do pobo catalán.

Paco Ibáñez, Fermín Muguruza ou a galega Mercedes Peón serán algunhas das voces que estarán sobre as táboas do escenario, acompañando a unha longa listaxe de grupos e cantantes cataláns, de Lluis Llach e María del Mar Bonte a Companyia Elèctrica Dharma ou Cesk Freixas.

Desde a organización recoñecen que agardan unha asistencia multitudinaria ao concerto, e insiren o mesmo dentro da campaña polo referendo catalán e o dereito a decidir, campaña que terá en setembro un novo acto de masas: unha cadea humana que unirá vilas e cidades de Catalunya a favor da independencia.