O Supremo avala o modelo de inmersión lingüística en Catalunya

O Supremo avala o modelo de inmersión lingüística en Catalunya
Concentración diante da Generalitat
Concentración diante da Generalitat  SG
O Tribunal Supremo desestima o recurso contra o modelo educativo catalán que avalou o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya. A familiaque interpuxo recurso quería que se mudara todo sistema educativo.

O sistema de inmersión lingüística continuará en Catalunya. O Tribunal Supremo (TS) desestimou o recurso presentado pola familia que exixía que mudara e se impuxera a introducción do castelán no seu sistema educativo.

Queda ratificado, deste xeito, a decisión que tomou o pasado 8 de marzo de 2012 o Tribunal Superior de Justícia de Catalunya (TSJC) en relación a este caso. Daquela o alto tribunal aceptou a petición de que as familias que o solicitaran tiveran a posibilidade de introducir o castelán como lingua vehicular mais rexeitaba que este aspecto afectara a toda a rede de ensino de Catalunya.

A reclamación que agora o TS rexeita comezou en 2004 cando unha familia con [email protected] en 2º de ESO e 3º de Primaria solicitou que o castelán se introducira como lingua vehicular como o catalán. Aliás, exixia que a documentación que enviaba o centro estivera en castelán. Sentencias e recursos chegaron ao día de hoxe coa resolución final que acepta a petición a título persoal mais rexeita que se faga con carácter xeral.

A conselleira de Ensino, Irene Rigau, sinalou que agora Wert queda sen argumentos para mudar o sistema

Wert sen argumentos

Desde a Generalitat a satisfacción pola sentenza do TS é evidente. A conselleira de Ensino, Irene Rigau, sinalou que agora o ministro de Educación español, José Ignacio Wert, queda sen argumentos para mudar o sistema. "A memoria da LOMCE di que, posto que a Generalitat non cumpre as sentenzas, hai que mudar de modelo", sinalou aos medios de comunicación, "agora ou muda o articulado da lei ou muda o argumentario".