Podemos, Barcelona en Comú e ICV pactan á marxe de primarias o seu candidato para o 20-D

Podemos, Barcelona en Comú e ICV pactan á marxe de primarias o seu candidato para o 20-D
Xavier Domènech
Xavier Domènech  

Nació Digital informa que Xavier Domènech, historiador e membro do equipo de goberno de Ada Colau, será quen encabece a candidatura da coligazón para as eleccións xerais.


Podemos, Barcelona en Comú e ICv pactan o nome do candidato para o 20 de decembro, unha escolla sen pasar por ningún proceso de primarias. Así o afirma nunha primicia o medio dixital catalán NacióDigital, que di que Xavier Domènech será quen vaia á fronte da listaxe. Doménech cumpre coa condición de independente, xa que só fai parte de Procés Constituent, entidade que como tal non participa na candidatura da esquerda alternativa.

Domènech é profesor da Universidade Autónoma de Barcelona, comisionado de estudos estratéxicos e programa da memoria do goberno de Ada Colau, alcaldesa de Barcelona. Neste cargo unha das súas primeiras decisións foi a de retirar o busto do rei Juan Carlos do salón de plenos do Concello barcelonés.

Acto con Beiras

Polo de agora, lembra NacióDigital, BeC evita oficializar a noticia se ben a decisión xa está tomada. Domènech toma parte este domingo nun acto convocado por 'En Comú', un dos probábeis nomes da coligazón, e contará coa presenza de Ada Colau e de Xosé Manuel Beiras.