O poder xudicial inhabilita o xuíz redactor da Constitución catalá

O poder xudicial inhabilita o xuíz redactor da Constitución catalá
Santiago Vidal [Imaxe Vilaweb.cat]
Santiago Vidal [Imaxe Vilaweb.cat]  

Santiago Vidal anuncia que recorrerá a decisión perante o Supremo e que valora presentarse ás eleccións municipais en Barcelona.


O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou esta quinta feira (26 de febreiro) inhabilitar durante 3 anos o xuíz Santiago Vidal por unha "falta grave" ao facer parte da redacción dunha Constitución catalá. A decisión foi adoptada por 12 votos fronte á 9 e será recorrida por Vidal perante o Tribunal Supremo ao considerar a carencia de "criterios xudiciais" no acordo. Entre outras cuestións, por coidar inacaído que for o pleno do Consello Xeral quen estudase o caso e non a Comisión disciplinaria. 

Segundo Vidal a decisión foi adoptada de acordo con "criterios ideolóxicos e políticos" afirmando mesmo que a súa suspensión supón por "un carimbo de depurado por desafecto ao réxime" no seu expediente.

Vidal asegura que a súa inhabilitación por tres anos supón estampar un "carimbo de depurado por desafecto ao réxime" no seu expediente

A denuncia presentada perante o Consello contou co apoio do sector conservador --maioritario-- e en contra do criterio da á máis progresista. O seu promotor, Antonio Fonseca-Herrero, solicitaba inicialmente mesmo a expulsión definitiva de Vidal da carreira xudicial ao considerar, xunto coa Fiscalía, unha falta "flagrante" non só a redacción da Carta Magna senón a participación do xuíz en actos a prol da independencia de Catalunya. 

O pleno do máximo órgao xudicial entendeu que as posicións politicas de Santiago Vidal vulneran a Constitución española e mesmo nun primeiro momento se valorou o seu desterro a un tribunal fóra de Catalunya. 

Vidal xa avanzou que recorrerá a súa suspensión e mesmo avanzou que pensa na posibilidade de se presentar ás eleccións municipais en Barcelona en aras de contribuír á "construción política do novo país", asegurou en comparecencia de imprensa. Neste senso, sinalou que está a valorar as propostas recibidas desde distintas forzas políticas 



x