'Son española e votarei 'si' á independencia de Catalunya'


'Son española e votarei 'si' á independencia de Catalunya'

A asociación Súmate, da cal fan parte persoas de lingua e cultura española mais que reclaman o dereito a decidir para o pobo catalán, difundiu un video onde explican as razóns deste posicionamento. 


Naceron fóra de Catalunya, mais viven alí. Son persoas de lingua e cultura española que, ora por razóns de orixe ora por razóns familiares, "non renuncian a facer parte da comunidade nacional catalá".

Así explica a asociación Súmate as razóns que motivaron a difusión dun vídeo onde cidadás e cidadáns argumentan, en español, por que reclaman o dereito a decidir do pobo catalán e por que, aliás, [email protected] votarían polo 'si' á independencia.

"Estou farta das portaxes". "En España as autovías son gratis". "O 40% dos trens son dos anos 70". "Sabías que o 17% do estudantado universitario é catalán e só recibimos o 8% das bolsas?" "Solidariedade si, inxustizas non". "Non teño nada en contra de España; eu son española, coma ti, mais creo que non nos tratan como a iguais".

"Isto acontece porque en Catalunya cando lle pagamos os nosos impostos a España é como se ao mercar pan che desen, máis ou menos a metade do que pagaches; toda esa parte que non nos dan supón peor sanidade, peor educación e peores servizos públicos que os que pagamos cos nosos tributos". Máis razóns, no vídeo que colocamos deseguido.