O Tribunal Constitucional tomba a declaración de soberanía do Parlament de Catalunya

O Tribunal Constitucional tomba a declaración de soberanía do Parlament de Catalunya
Parlamento de Catalunya
Parlamento de Catalunya  SG

Considera que é ilegal o punto no que se define o pobo catalán como suxeito político e xurídico soberano. As formacións cataláns falan dunha declaración ''política''.


12-0. Así, con simil futbolístico de goleada, informaban os medios españois a media tarde desta terza feira de que o Tribunal Constitucional español declaraba, por unanimidade dos seus 12 membros, inconstitucional a declaración de soberanía do Parlament de xaneiro de 2013. O tribunal español admitiu parcialmente o recurso presentado polo goberno español.

Considera o TC que é ilegal o primeiro punto da declaración no que se afirma que o pobo de Catalunya é un suxeito político e xurídico soberano. Iso si, o Tribunal non encontra que sexa inconstitucional, apunta Vilaweb, a referencia da declaración sobre o dereito a decidir de Catalunya no marco da lei.

Os e as maxistradas do TC non agardaron a que se resolvese a recusación que o Parlament aprobou presentar contra o presidente, Pérez de los Cobos, militante do PP, e 2 maxistrados máis.

Seguir adiante

No campo político catalán, as primeiras reaccións foron as de CiU, considerando que a decisión do TC é máis política que xurídica, e a da CUP, chamando a facer caso omiso desa sentenza. Para Esquerra (ERC) a mellor resposta é manter "a folla de rota prevista" e realizar o referendo. Até ICV asegurou que "ningún tribunal" quebrará a vontade de votar [email protected] cataláns.

No outro extremo, Ciutadans, que mostrou a súa satisfacción coa resolución do TC; e o PP, que pide "punto e final" para o proxecto independentista.