1.519 votan nas primarias de Podemos en 20 cidades e vilas do país

1.519 votan nas primarias de Podemos en 20 cidades e vilas do país
Momento dunha asemblea de Podemos Galiza
Momento dunha asemblea de Podemos Galiza  

A elección, telemática, tivo lugar entre os días 1 e 6 de febreiro. A cidade con maior participación, e co maior número de candidatos (16), foi A Coruña, onde se impuxo Isabel Faraldo, colocada na oitava praza na proposta de candidatura de Xulio Ferreiro dentro da Marea Atlántica.


As primarias de Podemos realizáronse en 20 vilas e cidades do país. Un total de 22 organizacións locais da formación morada aspiraban a elixir os seus candidatos en primarias, finalmente dúas delas descolgáronse do proceso. 

Por que só 20 concellos? Porque para realizar as primarias había que cumprir unha serie de requisitos, entre eles ter un mínimo de militancia organizada, isto é, dispor de círculos operativos.

En realidade, competición interna só houbo en 6 dos concellos (A Coruña, Baiona, Cangas, Compostela, Gondomar e Redondela). No resto só se formulou unha única candidatura.

As persoas eleitas para encabezar as candidaturas de Podemos nas municipais (listas que o partido morado logo debaterá cos seus aliados en mareas e confluencias) son as seguintes:

-A Coruña. 328 votos emitidos. Isabel Faraldo (con Adrián García Seijas como segundo candidato máis votado).

-Ames. 78 votos emitidos. Genma Otero.

-Baiona. 19 votos emitidos. José Ramón Estévez (2 candidatos, Liliana Vázquez segunda con máis apoios)

-Betanzos. 24 votos emitidos. Noelia Pedreira.

-Cangas do Morrazo. 31 votos emitidos. Francisco Javier López Nartallo (2 candidatos, o segundo máis votado, Javier Pérez Troncoso).

-Cedeira. 6 votos emitidos. Diana López Pérez.

-Compostela. 207 votos emitidos. Álex Botello (2 candidatos, María Pazos, a segunda con máis respaldos).

-Ferrol. 87 votos emitidos. Guillermo Fernández.

-Gondomar. 18 votos emitidos. Estefanía Lago (6 candidatos, con Jesús José Bouza como segundo máis votado).

-Sarria. 32 votos. Paula Santiago Fernández.

-Vilagarcía. 48 votos. Pedro Falcón.

-Lugo. 111 votos. José M. Pérez Afonso.

-Marín. 32 votos. Teresa Landín.

-O Grove. 11 votos. Ángel Cristián Rivademar.

-Ourense. 105 votos. Victoria Álvarez.

-Ponteareas. 15 votos. Manuel Roberto Troncoso.

-Redondela. 36 votos. Miguel Ángel Crespo (3 candidatos, con Enrique Fojo como segundo con máis apoios).

-Sanxenxo. 27 votos. María José Rodríguez Rosales.

-Pontevedra. 66 votos. José Ramón Otero.

-Vigo. 304 votos. Xaquín Pastoriza.



x