A Eurocámara pronúnciase a prol da ilegalización da Fundación Francisco Franco

A Eurocámara pronúnciase a prol da ilegalización da Fundación Francisco Franco
O taboleiro de marcas da votación
O taboleiro de marcas da votación  

O mesmo día en que 14 dos 19 de Meirás prestaban declaración perante un xuíz após seren denunciados pola familia do ditador, a Eurocámara aprobaba unha resolución contra o avanzo do neofascismo en Europa. A iniciativa —da que foi relatora a eurodeputada do BNG Ana Miranda— foi aprobada con 355 votos a favor, 90 en contra e 39 abstencións.


O Parlamento europeu asumiu esta quinta feira un texto impulsado pola esquerda da cámara en que se alertaba sobre o avanzo do neofascismo non só como ideoloxía, senón como ameaza violenta.

"Vai por todas as vítimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques facistas e neonazis", escribiu en Twitter unha exultante Ana Miranda aos poucos minutos do relatorio —do que era co-autora canda a italiana Eleonera Forenza e a sueca Soraya Post— ter sido aprobado.

Forenza, canda un dos seus asesores, é unha desas vítimas de ataques violentos recentes aos que se refería a iniciativa, da que foi principal impulsora. 

A resolución foi votada favorabelmente polo PP e os seus aliados europeos, e rexeitada pola extrema-dereita.