Abel Caballero sobre as independentistas: “Con esa xente, nin a tomar café”

Abel Caballero sobre as independentistas: “Con esa xente, nin a tomar café”
abel caballero
abel caballero  

O alcalde de Vigo afirma, nunha entrevista en Europa Press, que a investidura de Pedro Sánchez “de ningún xeito” debe de contar cos deputados e deputadas de formacións independentistas para ser investido.


Abel Caballero, alcalde de Vigo é partidario de fixar unha liña vermella para que o goberno español non “fique a expensas” do independentismo.

Así o expresa nunha entrevista concedida a Europa Press na que o rexedor afirma, aliás, que “eu con esa xente non iría nin a tomar café”, referíndose a ERC, JxCat e EH Bildu. Considera Caballero que “non se deben de repetir eleccións de ningún xeto” e teima tamén en que “de ningún xeito” se debe de contar cos independentistas na investidura.

O alcalde expresa a súa desconfianza sobre un pacto con Podemos: "Un goberno de coalición de PSOE e Podemos non terá maioría nunca ou a terá con xente que nós non queremos", agrega en relación a JxCat, ERC e EH Bildu e aponta tamén que "outros socios de referencia non van votar iso".

Caballero é presidente da Federación española de concellos e provincias (FEMP, nas súas siglas en castelán), que representa os municipios do Estado español. EH Bildu goberna en máis de 100 municipios de Euskal Herria, ERC ten a alcaldía en máis de 300 e Junts per Catalunya tamén en máis de 300 en Catalunya. Son máis de 700 alcaldes e alcaldesas independentistas de formacións coas que Caballero indiva que non ría "nin tomar un café".